#163

Miles-Walking

Era a primeira vez nese inverno que vira gaivotas canas. Aboiaban coma pasmóns entre as ondas, mentres as patiamarelas lanzaban desde o ceo chíos que a min me parecían de ameaza pero que as outras ignoraban. Ronda e máis eu separáramos do grupo e camiñamos até a pequena praia que, agochada tras uns penedos, se orientaba exactamente ao norte. Alí estaban as cativas. Lucía un sol xeneroso para ser primeiros de marzal e o aire estaba en calma. Ela pousou a mochila e comezou a despirse. Entendín que desexaba un pouco de intimidade, así que me afastei cara ao outro extremo da praia e gabeei polo acantilado. Desde alí arriba vina camiñar núa. Entrou no mar sen probar antes a temperatura da auga, nunha carreiriña decidida. Tiña un corpo firme e ben proporcionado, moi fermoso para unha muller da súa idade. Pensei baixar, despirme eu tamén e mergullarme canda ela, pero antes de que me dera decidido xa saíra da auga, co pelo alisado refulxindo ao sol e os bicos do peito endurecidos coma pedras de acibeche. Daquela, eu seguía enganchado á heroína e había meses que non tiña unha erección. O último terapeuta ao que fora recomendoume masturbarme con regularidade. Meu, eu era un ionqui e suponse que aquel tipo era un especialista, e todo o que se lle ocorría era recomendarme que me fixese pallas… Mandei á merda a semellante caradecona, e fun buscar a miña dose. Estiven con Ronda dúas semanas, e cando marchou díxenlle que necesitaba cartos e ela deumos. Así viña sendo a miña relación coas mulleres por aquela época. Logo fun ao estudio e gravamos a metade dos temas de Walkin’. Soamos coma auténticos fillosdaputa. Horace tocou o piano cun aquel tan sensual que me trouxo saudades do pel de Ronda. Pasei a maior parte da sesión empalmado, meu! Ao día seguinte non tiña función, así que collín o MG e fun a Long Island. Percorrín as praias até que se fixo de noite e souben que se non me pinchaba comezaría a sentirme enfermo. Non vin nin unha maldita gaivota cana. Supuxen que terminaran a invernada. Tamén a elas lles chegara a hora de liscar.

Miles Davis. Os evanxeos aprócrifos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s